Tuesday 30 de April de 2024

O Concello de Vimianzo presenta en tempo e forma as alegacións para que a Xunta reconsidere a problemática do corredor


A alcaldesa, Mónica Rodríguez, fará a lectura do informe na sesión plenaria prevista para mañá, venres 26 de xuño.
O Concello de Vimianzo presentou en tempo e forma as alegacións para que a Xunta de Galicia reconsidere a problemática que afecta ao municipio vimiancés, en relación co corredor da Costa da Morte, e que cuxo proxecto non ten en conta un enlace para o polígono industrial do municipio.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, fará a lectura do informe na sesión plenaria prevista para mañá, venres 26 de xuño. Será ás 9:30 horas na Casa do Concello. A administración local redactou un informe no que se recollen os puntos que recollen ‘a titularidade autonómica da estrada, e polo tanto é competencia da mesma’.
Desde o Concello de Vimianzo xa se ten solicitado unha reunión coa Consellería de Infraestruturas, para tratar de encauzar así unha problemática ‘de interese xeral, e que afecta a moitas persoas que non só traballan e son de Vimianzo, tamén acuden doutros puntos da Costa da Morte’, apunta a alcaldesa, Mónica Rodríguez.
No ámbito concreto do Polígono Industrial, existen numerosos exemplos de execución e financiación autonómica sobre vías da súa titularidade, como o correspondente á conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
Pleno ordinario da corporación
Na sesión prevista para mañá, venres 26 de xuño, terán lugar a aprobación das actas das sesións extraordinarias e ordinaria celebradas o 21 e 29 de maio, e o 15 de xuño de 2020. Presentáronse dúas mocións de urxencia en relación coa vía de alta capacidade da Costa da Morte co parque empresarial de Vimianzo, así como unha moción para asumir o seu debate e votación, no seu caso, polos grupos políticos municipais co contido presentado pola Plataforma Corredor Xusto, en relación co enlace da vía de alta capacidade AC-552.